MANEXO DE DIÑEIRO EN SITUACIÓNS REAIS


O pasado día 20 de xaneiro, algúns alumnos da aula 6 gozaron dunha saída ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo, onde aproveitaron as rebaixas para facer algunhas compras 🛍️ isto serviunos para levar a práctica o manexo e uso do diñeiro, estar atentos os prezos, pendentes dos cartos que nos teñen que devolver despois de pagar (se é que entregamos diñeiro de máis e nos teñen que dar volta)












Para rematar o día, compartimos unha comida no McDonald's 🍔🍟



Unha experiencia moi enriquecedora para desenvolver a independencia, o manexo dos cartos e, por suposto, para pasalo ben!

ACTIVIDADES SENSORIAIS NA BIBLIOTECA MÁIS CA LIBROS

 NO GRUPO 1 DESFRUTAMOS MOITO DA NOSA BIBLIO MÁIS CA LIBROS.


DIFERENTES ACTIVIDADES SENSORIAIS MOI DIVERTIDAS ACHEGANNOS AS TEMÁTICAS DO CURSO.


EN VARIAS SESIONS VIVENCIAMOS O OUTONO E O INVERNO.


RECREAMOS UN CAMIÑO SENSORIAL DO OUTONO.


MANIPULAMOS BLOQUES DE XEO QUE AGOCHABAN ANIMAIS E MANIPULAMOS NEVE FEITA CON ESPUMA DE AFEITAR E MAIZENA PARA SENTIR O INVERNO.

NADAL 2025

CHEGOU O NADAL


DURANTE O MES DE DECEMBRO EMPEZOUSE A NOTAR QUE O NADAL ESTABA PERTO.


O 19 DE DECEMBRO FICEMOS A FESTA DE NADAL E TAMÉN DESPEDIMOS O NOSO COMPAÑEIRO KELVIN QUE DEIXABA O NOSO COLE PARA VIAXAR A UN NOVO LUGAR COA SÚA FAMILIA. 


Tamén coñecemos o gañador do concurso de postais. 

NORABOA A LOIS!!! 

A postal gañadora será dixitalizada para felicitar o Nadal a todos.


ACTUACIÓNS ESPECIAIS CON PANXOLIÑAS.





E NON PODÍA FALTAR: SAIMOS A BAILAR!!! 
GRAZAS O LOCAL DAS POZAS POR DEIXARNOS FACER A FESTA ALÍ.







Antes de rematar o día tivemos unha visita moi especial!!! 

PAPÁ NOEL!!!






DESEXAMOS QUE PASEDES UNHAS BOAS VACACIÓNS E VOLVEMOS EN 2026 COAS PILAS CARGADAS PARA UN ANO CHEO DE AVENTURAS E APRENDIZAXES.





RECOMENDACIÓNS LECTORAS NAVIDEÑAS

 O NOSO COMPAÑEIRO OTHAMNE RECOMÉNDANOS LER ESTE NADAL 

E A TI QUE TE GUSTA ?






Actividade de Nadal na Residencia Monte Tecla

O grupo da Aula 6 gozou dunha xornada interxeracional maravillosa na Residencia Monte Tecla de A Guarda. 

Compartimos sorrisos, conversas, momentos agarimosos e unha fermosa manualidade de Nadal cos nosos maiores. 

Grazas por recibirnos con tanto cariño!








24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


Mouchiña para celebrar o día das Bibliotecas anímanos a ler e escoitar contos, achegarnos a Biblioteca, descubrir os libros e xogos que na súa Biblioteca Máis Ca libros ten. 

Hoxe todos fomos convidados a un conto na Biblioteca, onde Uxía e Ángela o leron para todos.




E ademais fixemos un mini libro polo día da Biblioteca. Aquí o deixamos! 









Recomendación lectora de Mouchiña neste día: EL GATO QUE CUIDABA DE LAS BIBLIOTECAS








CONTO ESPECIAL COA RESIDENCIA MONTE TECLA

 O 25 DE SETEMBRO TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL DA RESIDENCIA DE A GUARDA 


O 21 DE SETEMBRO CONMEMORASE O DÍA DO ALZHEIMER  E OS MAIORES DA RESIDENCIA COMPAÑADOS DA PSICOLOGA CONTÁRONNOS O CONTO DA SEÑORA SARA PARA EXPLICARNOS QUE É O ALZHEIMER E COMO AFECTA A VIDA DAS PERSONAS








o CONTO DA SEÑORA SRA FOI ELABORADO POLA PSICÓLOGA E COIDADORES É UN CONTO MOI ESPECIAL E EMOCIONANTE.




- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -