I XORNADA INTERCENTROS

ESTE ANO TIVEMOS UNHAS XORNADAS INTERCENTROS ENTRE CATRO CENTROS EDUCATIVOS:

- IES A SANGRIÑA DE A GUARDA

- CEE SAN XEROME

- IES AUGA DE LAXE  DE GONDOMAR

- CEE JUAN MARÍA


Realizamos en varias xornadas repartidas o longo do curso académico 2025-2026 diferentes actividades educativas e lúdicas, actividades deportivas varias (bocha, fútbol gaélico, tenis praia,) tamén unha actividade de adestramento de rescate de animais mariños


As actividades foron realizadas e repartidas nos catro centros polos que todos coñecemos os centros dos demáis. Foron unhas xornadas para vivir xuntos a diversidade.



VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE

O 10 DE MARZO UNHA PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA VISITOU E COMPARTIU COS PROFES DO SINDE E A GUARDIA IDEAS E EXPERIENCIAS DE BIBLIOTECA.

A PROFE BEA DO CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE INVITOU AS PROFES DO NOSO CENTRO A COÑECER A SÚA BIBLIOTECA E UN GRUPO DO EQUIPO DA NOSA BIBLIOTECA  ALÍ FOI.

SEGURO QUE VAN TRAER IDEAS PARA A NOSA BIBLIOTECA MÁIS CA LIBROS.

VISITA DO SAN XEROME O CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA EN OIA

 O 3 DE MARZO, UN GRUPIÑO DE ALUMNOS ACOMPAÑADOS COS PROFES FORON DE VISITA E A REALIZAR DIVERSAS ACTIVIDADES NO CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA DE OIA.


Un grupiño de alumnos xa viñera de visita o San Xerome e agora era o turno de nos ir coñecer o seu centro.

"gustáronme os cans" - dixo Cristina.

VISITA DO CEIP PEDRO CASELLES O SAN XEROME

 O 24 DE FEBREIRO VISITOUNOS O ANTIGO CENTRO EDUCATIVO DUN DOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIROS DESTE CURSO. NOS XA FORAMOS DE VISITA O SEU COLE E AGORO TOCOULLE A ELES COÑECER O NOSO COLE


FOI UN DÍA DIFERENTE E DIVERTIDO COA CEIP PEDRO CASELLES E AS PROFES DA AULA ESPECÍFICA DESDE COLE.

ENTROIDO 2026

ESTE ANO, O ENTROIDO ESTIVO MARCADO POR DÍAS DE CHOIVA  E O DESFILE ESCOLAR TIVO QUE ESPERA O VENRES 20 DE FEBREIRO PARA PODER SAIR POLAS RÚAS DE A GUARDA

Pero o venres 13 nos celebramos o carnaval no centro todos viñemos disfrazados e fomos invitados o entroido dos "adultos" foi unha gran festa.


E sabedes, probamos as ourellas de entroido que fixeron os nosos compañeiros da aula 6 para merendar... e....     que se note que estabamos de entroido a cociñeira sorprendeunos no comedor con ourellas de entroido que ela tamén fixo!!!!


O 20 DE FEBREIRO VENRES POR FIN DESFILAMOS XUNTO CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS DE A GUARDA 



Disfrazámonos con temática de películas:

AULA 1: OS PICAPEDRAS



AULA 2: CAZAPANTASMAS



AULA 3: MINIONS


AULA 4: SUPER MARIO.



AULA 5: RATATUILLE


AULA 6: OS INCREÍBLES





MANEXO DE DIÑEIRO EN SITUACIÓNS REAIS


O pasado día 20 de xaneiro, algúns alumnos da aula 6 gozaron dunha saída ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo, onde aproveitaron as rebaixas para facer algunhas compras 🛍️ isto serviunos para levar a práctica o manexo e uso do diñeiro, estar atentos os prezos, pendentes dos cartos que nos teñen que devolver despois de pagar (se é que entregamos diñeiro de máis e nos teñen que dar volta)












Para rematar o día, compartimos unha comida no McDonald's 🍔🍟. 



Unha experiencia moi enriquecedora para desenvolver a independencia, o manexo dos cartos e, por suposto, para pasalo ben!

ACTIVIDADES SENSORIAIS NA BIBLIOTECA MÁIS CA LIBROS

 NO GRUPO 1 DESFRUTAMOS MOITO DA NOSA BIBLIO MÁIS CA LIBROS.


DIFERENTES ACTIVIDADES SENSORIAIS MOI DIVERTIDAS ACHEGANNOS AS TEMÁTICAS DO CURSO.


EN VARIAS SESIONS VIVENCIAMOS O OUTONO E O INVERNO.


RECREAMOS UN CAMIÑO SENSORIAL DO OUTONO.


MANIPULAMOS BLOQUES DE XEO QUE AGOCHABAN ANIMAIS E MANIPULAMOS NEVE FEITA CON ESPUMA DE AFEITAR E MAIZENA PARA SENTIR O INVERNO.

►

- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -