24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


Mouchiña para celebrar o día das Bibliotecas anímanos a ler e escoitar contos, achegarnos a Biblioteca, descubrir os libros e xogos que na súa Biblioteca Máis Ca libros ten. 

Hoxe todos fomos convidados a un conto na Biblioteca, onde Uxía e Ángela o leron para todos.




E ademais fixemos un mini libro polo día da Biblioteca. Aquí o deixamos! 









Recomendación lectora de Mouchiña neste día: EL GATO QUE CUIDABA DE LAS BIBLIOTECAS








CONTO ESPECIAL COA RESIDENCIA MONTE TECLA

 O 25 DE SETEMBRO TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL DA RESIDENCIA DE A GUARDA 


O 21 DE SETEMBRO CONMEMORASE O DÍA DO ALZHEIMER  E OS MAIORES DA RESIDENCIA COMPAÑADOS DA PSICOLOGA CONTÁRONNOS O CONTO DA SEÑORA SARA PARA EXPLICARNOS QUE É O ALZHEIMER E COMO AFECTA A VIDA DAS PERSONAS








o CONTO DA SEÑORA SRA FOI ELABORADO POLA PSICÓLOGA E COIDADORES É UN CONTO MOI ESPECIAL E EMOCIONANTE.




Saída ao Monte Tegra en A GUARDA






O venres 19 setembro un grupo de alumnos  tivemos unha saída o "MONTE SANTA TECLA" esta saída realizaouse con motivo da festividade local o día 23 de setembro por ser o día de SANTA TECLA.

Visitamos: 

- O museo: miramos a cabeza de pedra, as moedas romanas e restos arqueolóxicos.



- A capela




- O Montiño, onde paramos a merendar.


As vista son fermosas!




O tempo (sen néboas!!) deixounos disfrutar da paisaxe.

Neste monte hai moita historia que aprender!!

TALLER DE FROITAS DE TEMPORADA

 

Así foi o noso taller de froitas de temporada!

Esta semana no cole, gozamos dunha experiencia sensorial divertida e moi saudable: 

O noso taller de froitas.

Comezamos cheirando e descubrindo diferentes aromas, moitos deles familiares.


Clasificamos as froitas atendendo as cores, formas, categorías...

Tamén empregamos o tacto, baleirando a saqueta azul onde había sorpresas agochadas.




Logo pasamos á parte máis rica, preparamos a nosa deliciosa compota. Cortamos peras e mazáns con coidado e moita axuda. Íamos colocando con xeito todo nos pratos. Tamén fixemos un pouco de zume de laranxa para engadirlle. Lavamos, cociñamos, trituramos co batedor. Como ulía todo!








Unha vez feita a compota, metémola en botes coa axuda dunha culler. Personalizamos cada bote cunha etiqueta adhesiva e máis unha tea na tapa. Parecían tarros dunha tenda artesanal!
Foi unha actividade onde non só experimentamos e aprendemos con froitas, senón que, compartimos uns con outros, houbo que agardar quendas,manipular, contar...Traballamos en equipo, desenvolvemos os sentidos ,fomos cociñeiros por un día, e puidemos convidar á familia.





Unha experiencia para repetir!!



BENVIDOS O CURSO 2025-2026

 XA ESTAMOS AQUÍ!!






DESPOIS DUN VERÁN CALUROSO... DESPEDIMOS O TEMPO DE LECER NA CASA E REGRESAMOS O CENTRO EDUCATIVO SAN XEROME.


OS PROFES PREPARARON UN DÍA ESPECIAL PARA RECIBIR A RAPAZADA E COÑECERNOS TODOS, PORQUE ESTE ANO HAI CARAS NOVAS ENTRE NOS.


E O MOMENTO MÁIS ESPERADO POR TODOS: ¿CON QUEN IREI ESTE ANO NA AULA? 

TOCA FACER UNHA BÚSQUEDA POLO CENTRO DESPOIS DA PRESENTACIÓN PARA SABER EN QUE AULA NOS TOCOU. 


GÚSTANOS A FESTA E ESTE ANO TIVEMOS UN POUCO DE MÚSICA GRAZAS A ACTUACIÓN  DUNHA MAMÁ PARA AMBIENTAR E BAILAR UN POUQUIÑO.









ENTREVISTA ESPECIAL AO PROFE CARLOS

O 7 DE ABRIL UN GRUPO DE ALUMNOS ACOMPAÑADOS POR MARCOS E LAURA  VISITOU EN SAN MIGUEL A CASA DE CARLOS.


CARLOS ABRIUNOS A PORTA DA SÚA CASA E ALÍ FIXÉMOSLLE UNHA ENTREVISTA QUE PODEDES ESCOITAR NO ENLACE DE IVOOX QUE VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.

ENTREVISTA A XOSE CARLOS NA SÚA CASA


DESPOIS DESTE DÍA TRABALLOUSE PARA RECIBIR O "PROFE CARLOS" COMO O COÑECEN OS MÁIS VETERANOS DO CENTRO.


O DÍA 6 DE XUÑO UN GRUPO FOI BUSCAR A CARLOS A SÚA CASA E O TROUXO AO SANXEROME.


UNHA VEZ NO SAN XEROME, O GRUPO ENCARGOUSE DE REALIZAR UNHA VISITA POLO CENTRO E AMOSARLLE OS CAMBIOS E NOVOS ESPAZOS.


O FINAL DESA VISITA, NA SOLAINA RECIBIMOS E REALIZAMOS UNHA ENTREVISTA ESPECIAL ONDA SANXE  EN DIRECTO QUE PROXIMAMENTE AMOSAREMOS.


MOITOS APLAUSOS, EMOCIÓNS O DÍA 6 DE XUÑO CO "PROFE CARLOS" E TAMÉN AGASALLOS.


NESTA VISITA CARLOS FIXO ENTREGA OFICIAL DO PREMIO QUE LLE CONCEDERA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA  E QUE IRÁN DESTINADOS AO PROXECTO FOGARES SANXE.



IVOOX - 5 de JUNIO DÍA DO MEDIO AMBIENTE


 









5  DE  JUNIO DIA MUNDIAL DEL MEDIO AMBIENTE 

Fuimos a la Radio Uxía, Yoli y yo (Paula)


Grabamos un programa de radio y lo subimos  en Ivoox

Os dejamos aquí el enlace para escucharlo:



Noticia elaborada por: Paula








- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -