venres, 12 de setembro de 2025

 

Así foi o noso taller de froitas de temporada!

Esta semana no cole, gozamos dunha experiencia sensorial divertida e moi saudable: 

O noso taller de froitas.

Comezamos cheirando e descubrindo diferentes aromas, moitos deles familiares.


Clasificamos as froitas atendendo as cores, formas, categorías...

Tamén empregamos o tacto, baleirando a saqueta azul onde había sorpresas agochadas.




Logo pasamos á parte máis rica, preparamos a nosa deliciosa compota. Cortamos peras e mazáns con coidado e moita axuda. Íamos colocando con xeito todo nos pratos. Tamén fixemos un pouco de zume de laranxa para engadirlle. Lavamos, cociñamos, trituramos co batedor. Como ulía todo!








Unha vez feita a compota, metémola en botes coa axuda dunha culler. Personalizamos cada bote cunha etiqueta adhesiva e máis unha tea na tapa. Parecían tarros dunha tenda artesanal!
Foi unha actividade onde non só experimentamos e aprendemos con froitas, senón que, compartimos uns con outros, houbo que agardar quendas,manipular, contar...Traballamos en equipo, desenvolvemos os sentidos ,fomos cociñeiros por un día, e puidemos convidar á familia.





Unha experiencia para repetir!!



Deixa un comentario

Suscribirse á publicación | Suscribirse aos comentarios

- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -