mércores, 13 de maio de 2020
Durante esta semana, SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020, adicada a RICARDO CARBALHO CALERO, recordamos a importancia e a riqueza de ter dúas linguas, unha delas a nosa lingua nai: “O GALEGO”
Mouchiña nesta semana xunta ao Equipo de Biblioteca e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega e anímavos a tódalas familias (nais, pais, avós, irmáns, tíos, primos, sobriños…) a enviarnos algo en “GALEGO”: Un conto, unha adiviña, unha poesía, unha cantiga, un debuxo… para compartir con todos nós que vos botamos en falta moitísimo.
Mouchiña ten moitas ganas de saber tamén de todos e todas!!!
Sabes onde podes atopar a Mouchiña?
No blog da BIBLIOTECA MÁIS CA LIBROS
ENTRA NO LIGAZÓN: https://maiscalibros.blogspot.com/
Engadiremos no blog recursos , ideas, sorpresiñas para vós.