mércores, 4 de novembro de 2020



DURANTE A SEMANA DO 26 AO 30 DE OUTUBRO CADA AULA ESTIVO TRABALLANDO COA TEMÁTICA DO SAMAÍN.


Decoráronse portas e xanelas, corredores ... 




Preparamos pulsadores con sons terroríficos, unha caixa ASQUEROSA ... Un traballo para sorprender e asustar a todos o venres 30 de outubro.








Todas as aulas prepararon as cabazas e fíxose un concurso de cabazas. Todos votamos . 



Mira o vídeo e elixe a cabaza . Podes escribir en comentarios cal é a túa favorita e deixar o teu voto. 



Durante a semana tamén  buscamos  receitas con ingrediente típico desta data: "a cabaza" 

(Mouchiña quedou sen probar o biscoito e a crema, iso quere dicir que estaba moi rico e non lle chegou nadiña...)





Foi una semana chea de contos, cancións, tradicións onde o medo, bruxas, pantasmas, momias, vampiros .... tiveron un papel moi importante.



AHHHH!!! ata estreamos un xogo  personalizado que foi elaborando durante o mes de outubro polos rapaces e rapazas!!!! 






Sabedes onde o podedes atopar?


NA BIBLIO MÁIS CA LIBROS!!!!






Así que se queres xogar e pasar un bo rato en grupo ou en solitario alí te espera.




REDACTORES DA NOTICIA SAMAÍN:
Adrián, Uxía, Laura, Christian

Deixa un comentario

Suscribirse á publicación | Suscribirse aos comentarios

- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -