martes, 23 de marzo de 2021




O mes de marzo tivonos moi ocupados e atareados nas aulas, na biblio, no poleiro, na cociña... foi un non parar!! 



Mouchiña acompañounos o 8 de Marzo na biblio nunha videoconferencia onde  entrevistamos a unha muller que viviu en Venezuela e fixeron moitas preguntas sobre o papel da muller alí.



Outros alumnos durante esa semana lemos na biblioteca o libro YO VOY CONMIGO de Raquel Díaz Reguera



Este libro permítenos reflexionar, falar sobre algo moi importante:
- cantas veces demos máis importancia a como nos ven os demais que como nos vemos nos mesmos?

RECORDA:
TODOS TEMOS A NOSA PROPIA MAXIA
QUE NOS FAE ÚNICOS E ESPECIAIS.




Os nosos compañeiros da aula 3 tamén disfrutaron todos os luns  compartindo actividades e xogos na biblioteca.






Esperamos que o mes de abril tamén teña moitas actividades para gozar deste fermoso espazo, pero atentos.... que abril trae moitas novidades e sorpresas.




Deixa un comentario

Suscribirse á publicación | Suscribirse aos comentarios

- Copyright © 2025 MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -