martes, 30 de maio de 2023
Tivemos unha actividade especial na Biblio con Rosa enfermeira.
Rosa explicou e fixo prácticas con nós sobre coidados básicos de feridas.
Rosa falou da importancia da hixiene para previr enfermidades.
Rosa ensinounos a postura de seguridade para cando alguén se atopa mal, maréase, ...
Fixémoslle moitas preguntas e ela moi amablemente contestou a todas elas cun soriso.