mércores, 24 de abril de 2024

 

Polo día do libro fixemos diferentes actividades.


Un grupo de alumnos visitou os centros educativos de A Guarda é regaloulles libros.


Outro grupiño deixou nunha alameda próxima ao noso centro unha caixa con libros invitando a apadriñar os libros que nela hai. Esperamos que vos gustaran.






Despois de comer xuntámonos e a profe Rosa contounos un conto con sombras que fixeron os alumnos de EFA A CANCELA  de As Neves (adaptamos un pouco para esta ocasión o conto partindo da súa idea e posta en escea e co material de sombras que nos agasallaron) o cal nos representaron e regalaron nunha visita ao noso centro e polo día do libro compartimos todos xuntos esta experiencia.



Escoitamos algunha canción e regaláronnos un libro a cada alumno para levar a nosa casa.









Deixa un comentario

Suscribirse á publicación | Suscribirse aos comentarios

- Copyright © MáisCaLibros - Biblioteca San Xerome Emiliani -