ABRIMOS O BLOG A UN NOVO CURSO
ESPERAMOS ENCHER DE RECORDOS E MOITAS COUSIÑAS O NOSO BLOG.
O inicio de curso as profes esperaron por nós e prepararon unha xornada especial para darnos a coñecer quen serían os nosos compañeiros, quen sería a nosa titora, cal sería a nosa aula...
Foi un momento divertido, de nervios e curiosidade!! ENCANTOUNOS A IDEA PARA DESCUBRIR O NOVO CURSO!!!
Unha profe e a orientadora do cole fixeron unha viaxe especial a un pobo de África, Palmarín en Senegal. Foron a unha escola parecida a nosa, fixéronos un resumo da súa viaxe e contaron a súa experiencia: vimos fotos do cole, vimos o pobo, escoitamos música típica de Senegal, bailamos un baile que aprenderon alí, tocamos percusión con instrumentos de reciclaxe, fixemos un chaveiro con conchas de Palmarín, fixemos un montón de cousas ... E a profe Fabi realizaou un contacontos co libro "El color de tu piel"